AS ORIXES

 

O inicio do cultivo do pemento en Galicia asóciase ás sementes traídas desde o estado mexicano de Tabasco polos monxes Franciscanos ao convento de Herbón, localidade pertencente ao municipio de Padrón, no Século XVII.

 

O pemento seco e moído xa se comercializaba en Herbón a finais do século XVIII, constituíndo unha importante fonte de ingresos, (Arquivo Xeral de Simancas. Catastro da Ensenada. Respostas Xerais. Provincia de Santiago. Libro 253, folio 1). O proceso de selección varietal e as prácticas culturais de recolección precoz comezan entón, transmitíndose desde a comunidade monacal aos agricultores da súa

área de influencia,

 

Convento de Herbón

 

conformando un sistema de produción altamente especializado, no que a semente era transmitida como ben parafernal (formando parte da dote) e nunca fóra da zona de produción.

 

 

 

 

 

   Design by Vázquez Informática

 

Aviso Legal :: Favoritos :: Páxina de inicio