COMERCIALIZACIÓN

 

A comercialización realízase en bolsas de uso alimentario autorizadas pola lexislación alimentaria vixente cun peso de 200/400 gramos. Poderanse establecer outras formas de presentación cando se comprobe que non afectan negativamente á calidade do produto logo de autorización do Consello Regulador.

 

Os pementos comercializados baixo o amparo da Denominación de Orixe Protexida "Pemento de Herbón", levan a etiqueta comercial correspondente á marca propia de cada productor/envasador e unha etiqueta de codificación alfanumérica con numeración correlativa, autorizada polo órgano de control, co logotipo da Denominación de OrixenProtexida.

Na etiqueta comercial debe figurar obrigatoriamente a mención Denominación de Orixe Protexida "Pemento de Herbón". Así como a variedade da planta "variedade Padrón". Actualmente figuran inscritas no Consello Regulador sete plantas de envasado.

 

O período de comercialización está comprendido entre o 1 de maio e o 31 de outubro, podendo modificarse este período por razón das circunstancias climáticas da tempada e as características do produto se así o aconsellan.

 

Pódense identificar os auténticos Pementos de Herbon comercializados baixo o amparo da Denomicación de Orixe Protexida Pemento de Herbón polos seguintes distintivos obrigatorios dos envases:

 

- Unha contraetiqueta de codificación alfanumérica con numeración correlativa, autorizada polo órgano de control, co logotipo da Denominación de Orixe Protexida.

 

- Debe figurar nunha zona visible o Logotipo Oficinal da D.O.P. Pemento de Herbón.

 

- Na identificación comercial debe figurar obrigatoriamente a mención Denominación de Orixe Protexida "Pemento de Herbón" e a “Variedade Padrón".

 

Actualmente figuran inscritas no Consello Regulador sete plantas de envasado.

 

 

Razón social

Enderezo

Teléfono

E-mail  / Web

Antonio Freire Dios

Sobrido - Herbón - Padrón

981812507

609145510

antonio@afreire.es

J.J. Conde Miguéns y Otro SC

Herbón - Padrón

981810113

608584012

jjconde@hotmail.com

SAT A Pementeira Nº 1345 XUGA

Polígono Picusa - Padrón

651650551

info@apementeira.com

www.apementeira.com

Mª Pilar Gómez Méndez

Herbón - Padrón

981810127

639380624

 -

Alejandro Ferro Suárez

Herbón 149 - Padrón

981811696

649218135

 -

 

 

 

 

 

 

   Design by Vázquez Informática

 

Aviso Legal :: Favoritos :: Páxina de inicio