DESCRICIÓN DO PEMENTO

 

Os pementos amparados pola Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) "Pemento de Herbón", son os froitos da especie Capsicum annuun, L, procedentes dos ecotipos locais da variedade "Padrón", sempre que procedan de parcelas inscritas no correspondente rexistro, xestionado polo órgano de control.

 

O froito recóllese en estado inmaturo precoz para a súa comercialización en fresco. Presentando unha cor verde lixeiramente claro, unha lonxitude de entre 3,5 e 5,5 cm e un diámetro máximo entre 1,5 e 2 cm.

Unha das características organolépticas máis destacadas do "Pemento de Herbón" refírese a que non todos os froitos presentan sabor picante, senón que este aparece ocasionalmente ("uns pican e outros non", de acordo coa coñecida frase popular referida a este produto) e que é un picor lixeiro, xa que os produtores se esmeran en seleccionar o produto eliminando aquelas plantas e froitos con sabor picante máis intenso. A forma na que se chegou a conseguir isto, partindo dunha variedade orixinalmente picante, é quizais o elemento de proba máis importante referente ao vínculo co "saber facer" dos produtores da zona.

 

 

 

 

 

   Design by Vázquez Informática

 

Aviso Legal :: Favoritos :: Páxina de inicio