¿POR QUÉ PICAN?

 

Que os pementos piquen máis ou menos depende da cantidade de compostos capsicinoides que conteñan, estes concéntranse na placenta, que é a parte esbrancuxada que hai no interior do froito, nunhas pequenas vesículas. Identificáronse ata dez compostos distintos, pero é a capsicina (seguida da hidrocapsicina) a que máis pica. Como estas substancias son axentes defensivos, a cantidade que produce a planta depende tanto das características xenéticas da variedade, coma das condicións ambientais; temperatura, humidade, composición do chan, fertilización e estado de desenvolvemento do froito no momento de recollida etc.

 

Os pementos cultivados noutras zonas cunhas condicións ambientais distintas, sobre todo con temperaturas altas, aumenta a cantidade de froitos picantes que produce cada planta e con características organolépticas distintas. Mesmo nos pementos cultivados na mesma zona e parcela, aumenta a probabilidade de froitos picantes se hai máis seca ou altas temperaturas, así como un deficiente manexo do cultivo.

 

Dicir que un pemento pica moito ou pouco depende sempre de quen o come, pois o albor de detección varía dunhas persoas a outras. A comechón non é un sabor senón a irritación das paredes da boca e da garganta en resposta á capsicina. Se un come picante con frecuencia nótao menos porque o seu corpo afaise.

 

O picante dos pementos investigouse tanto polo seu efecto analxésico como posibles propiedades anticanceríxenas, ademais de ser utilizado como arma de defensa persoal en sprays, para evitar ataques de pulgóns nalgúns cultivos ou para impedir a entrada de animais en certos recintos.

 

 

 

 

 

   Design by Vázquez Informática

 

Aviso Legal :: Favoritos :: Páxina de inicio