Que é o importante
dun pemento?
Os pementos amparados pola Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.) «Pemento de Herbón», son os froitos da especie Capsicum annuun, L, procedentes dos ecotipos locais da variedade «Padrón», sempre que procedan de parcelas inscritas no correspondente rexistro, xestionado polo órgano de control.
A zona
Cunha zona de produción ben delimitada que lles da o seu recoñecible sabor e textura.
A tempada
Os auténticos Pementos de Herbón só están á venta entre os meses de maio e outubro.
A preparación
O Pemento de Herbón é o ingrediente de centos dereceitas creativas onde amosan todo o seu potencial.
Pican?
Dicir que un pemento pica moito ou pouco depende sempre de quen o come, pois o albor de detección varía dunhas persoas a outras. A comezón non é un sabor senón a irritación das paredes da boca e da garganta en resposta á capsicina. +máis