MERCADO | Pemento de Herbón
Comercialización

A comercialización realízase en bolsas de uso alimentario autorizadas pola lexislación alimentaria vixente cun peso de 200/400 gramos. Poderanse establecer outras formas de presentación cando se comprobe que non afectan negativamente á calidade do produto logo de autorización do Consello Regulador.

Os pementos comercializados baixo o amparo da Denominación de Orixe Protexida “Pemento de Herbón”, levan a etiqueta comercial correspondente á marca propia de cada productor/envasador e unha etiqueta de codificación alfanumérica con numeración correlativa, autorizada polo órgano de control, co logotipo da Denominación de Orixen Protexida.

Na etiqueta comercial debe figurar obrigatoriamente a mención Denominación de Orixe Protexida “Pemento de Herbón”. Así como a variedade dos pementos “variedade Padrón”.

O período de comercialización está comprendido entre o 1 de maio e o 31 de outubro, podendo modificarse este período por razón das circunstancias climáticas da tempada e as características do produto se así o aconsellan.

Pódense identificar os auténticos Pementos de Herbon comercializados baixo o amparo da Denomicación de Orixe Protexida Pemento de Herbón polos seguintes distintivos obigatorios dos envases:

 

  • Unha contraetiqueta de codificación alfanumérica con numeración correlativa, autorizada polo órgano de control, co logotipo da Denominación de Orixe Protexida.
  • Debe figurar nunha zona visible o Logotipo Oficial da D.O.P. Pemento de Herbón
  • Na identificación comercial debe figurar obrigatoriamente a mención Denominación de Orixe Protexida “Pemento de Herbón” e a “Variedade Padrón”.

Envasadores

Actualmente figuran inscritas no Consello Regulador oito plantas de envasado:

José Manuel Ferro Lago

981811696

ferrolago13@hotmail.com

Antonio Freire Dios

981812507

antonio@afreire.es

Benito Conde López

981810113

benitoconde@hotmail.com

Josefa Pilar Magariños Diéguez

981812268

pementospili@gmail.com

Mª del Pilar Gómez Méndez

629729750

pementosevangelina@gmail.com

SAT A Pementeira
Nº 1345 XUGA

981811318

info@apementeira.com

Yolanda Magariños González

67937767

agrasarpaco@yahoo.es

Teresa García Boga

619538040

teresagarciaboga@gmail.com